Servizos
01. Desenvolvemento de páxinas web
Creación de sitios web a medida, co aloxamento xestionado e optimizados para destacar en buscadores como Google, para que non teñas que preocuparte por nada do proceso. Deseño de webs corporativas para empresas e profesionais, portfolios personais, landing pages, webs para vodas ou eventos, e páxinas para negocios locais (restaurantes, clínicas, autónomos).
02. Desenvolvemento de tendas en liña e-commerce
Proxectos de webs e-commerce deseñadas para que poidas vender os teus produtos en Internet.
03. Consultoría de Marketplaces & CMS
Xestión, optimización e mantemento en plataformas como Shopify, WooCommerce, PrestaShop ou Adobe Commerce; marketplace como Mirakl, AmazonSeller ou Backmarket.
Proceso
01. Análise
Dedico tiempo en coñecer a esencia da marca ou do negocio para construír unha arquitectura dixital que represente a súa identidade. Falamos dos obxectivos do teu proxecto e de levar a cabo as ideas que teñas.
02. Desenvolvemento
Deseño e programo a web dende cero, coidando a relevancia dos detalles. Mantéñoche ao tanto do proceso para asegurar que imos polo camiño correcto e obter o resultado esperado.
03. Lanzamento
A web sae ao mundo. Asegúrome de que todo funcione e de manter o seu contido actualizado.
Proxectos
Contacto
Se queres coñecer os paquetes de prezos ou se tes un proxecto en mente, podes escribirme e comentamos sobre como levalo a cabo.